Comezamos o 2019 con moitas ideas, proxectos, ilusións e ganas de seguir medrando!
Polo de agora xa está en Sanxenxo activa a nova edición dun Curso de Monitoras de Tempo Libre e avanzando moi axeitadamente. Pero en mente xa temos posibles propostas de monográficos que xa vos iremos contanto en breve.
O primeiro deles é un que aspira en converterse nun encontro anual: o PLAN DE FORMACIÓN da ETL Balea (PDF) no que repasaremos:
- Iniciación ás actividades de escalada (parque de altura, rocódromo, rocha e rappel).
- Iniciación ás técnicas de Primeiros Auxilios nas actividades náuticas.
- Técnicas de piraguismo para grupos: Visita ao Illote de Areoso.
- Resolución de conflictos nos equipos de monitores.
- Veladas.
A Escola de Tempo Libre Balea pertence á Asociación SocioCultural Balea, tamén con sede no Grove coa que iniciaremos varias andainas e proxectos para colaborar e medrar xuntos.
Atoparedes máis información no evento de Facebook:
ou no mail da escola (etlbalea@gmail.com)