A ETL Balea está a asistir, como moitas outras escolas, ás xuntanzas que convoca a Direción Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para revisar o texto proposto para ser a nova lei que nos indique como ser e traballar no eido do tempo libre.
O proceso foi longo. De feito leva xa máis dun ano. Despois de 17 anos de 50/2000 era ben sabido que estaba moi desactualizado e había que replantexarse moitas cousas para poder adaptarse a novos tempos e ser máis coherentes coas novas realidades.
Precisamente por iso durante todo este tempo houbo xuntanzas de monitores/as, directores/as, escolas, empresarios/as e profesionais do sector para facer propostas de cara a unha nova lei que nos teña contentos a todos/as.
Pero polo medio do proceso xorde a necesidade de axeitarse aos novos Certificados de Profesionalidade... É aquí onde se nos complica o tema: Nos, un sector que vive e promulga o vivencial, que ven e se mantén pola educación non formal... agora ten que entrar polo aro da regulamentación formal e baixar a cabeza perante a “titulitis”. Esta nova circunstancia xera paradoxas do nivel de que xente coa titulación de aeronáutica pero sen experiencia algunha no tempo libre pode dar as clases nunha escola mentres que unha persoa con 20 anos de experiencia pero sen ese nivel de educación formal nen 600 horas previas e demostrables adicadas ao ensino non podería transmitila a futuros monitores/as.
A ver... non botemos o carro antes que os bois... que para iso andamos neste proceso. Tamén hai que dicir que a nova lexislación abrirá a porta a moitas e boas melloras: melloras nas ratios, melloras nas definicións para saber onde ubicarnos en cada actividade e instalación, clarificación de procesos, control de calidades.
Es proceso abre portas esperanzadoras, pero os camiños fanse camiñando e pola noite hai que avanzar con tino.
Son tempos para o traballo a reflexión e a esperanza.