top of page
FASE DE PRÁCTICAS

    • AS PRÁCTICAS PODEN SER DESENVOLTAS EN VARIAS INSTITUCIÓNS, ENTIDADES DIFERENTES ATA SUMAR AS 150 HORAS REQUERIDAS

Documentación requirida (descargable nos títulos suliñados):
Convenio de prácticas asinado entre a ETL Balea, o alumno e a entidade acolledora das prácticas (presentar antes do inicio das prácticas).
Informe Previo de Prácticas (que se deberá entregar 15 días antes do inicio das prácticas).
Certificado negativo do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais (antes do inicio da fase práctica).
Certificado e Informe de prácticas (cuberto e asinado polo responsable das mesmas unha vez rematadas).

Para formalizar as prácticas (poden comezarse a cursar a partir de 15 días naturais dende o remate do curso) cumprimentar esta documentación en cada unha das entidades nas que desenvolvamos as prácticas e enviar ao correo xestionado polo titor de prácticas etlbalea@gmail.com para a posterior emisión da correspondente ACTA DE AVALIACIÓN.


Oferta de prácticas que fai a ETL Balea

Ofertamos prácticas en campamentos ou institucións de educación no tempo libre en función de diferentes convenios cos que contamos (asociacións, empresas, ludotecas, Xunta de Galicia). Daremos tamén a posibilidade ao alumnado de que procure a institución que mellor lle conveña para desenvolver as súas prácticas sendo requisito o asinamento de convenio de prácticas entre ETL Balea e a institución na que realice as prácticas. Nesa institución deberá haber un responsable de prácticas permanente en posesión, como mínimo do Título de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre.
bottom of page