Escola de Tempo Libre BALEA
Marcando a diferenza
O que somos
A E.T.L BALEA surxe dunha iniciativa de monitores que traballan en O Grove e deciden iniciar unha andaina formando novas xeracións de profesionais do tempo libre asegurándose un xeito de entender o lecer e o seu entorno laboral acorde cos tempos actuais e coas novas necesidades que a sociedade nos esixe.
Se facemos repaso dos nosos estatutos é importante salientar que:
​
"Artigo 2º.- Son fins e obxectivos da ETL Balea:
1. Proporcionar formación e habilitar persoas como monitores/as, directores/as de tempo libre, directores/as de campos de traballo e dirixentes de proxectos de educación e animación sociocultural en xeral.
2. Organizar cursos de formación, encontros, seminarios, obradoiros... regulados ou non, para a formación, mellora e profesionalización dos educadores anteriormente citados.
3. Organizar encontros, conferencias, congresos e en xeral calquera tipo de actividade que axude a consecución dos fins da ETL Balea.
9. Accionar proxectos de intercambio e cooperación.
16. Intervir socioeducativamente na comunidade, para fomentar a súa dinamización social, cultural, educativa e no tempo libre.
18. Fomentar o uso da lingua galega como idioma vehicular.
21. Elevar os niveis de profesionalidade e calidade no eido do tempo libre.
24. Crear espazos de encontro, intercambio, debate, etc. entre educadores/as, formadores/as, etc."
Docentes decentes
Todos los docentes de la E.T.L. Balea son especialistas e/ou teñen ampla experiencia demostrable no tempo libre así como nas materias impartidas.
​
Para formar parte do noso claustro non abonda con ser un especialista nun eido determinado, senón que é requisito indispensable ter o título de MTL e un minimo de experiencia demostrable na materia a impartir. Deste xeito pretendemos huír das clases afastadas da realidade xa que a nosa é unha profesión eminentemente práctica.
Sen desmerecer a ningunha profesión hai que ter en conta que traballamos por e para persoas, polo cal as clases e prácticas estarán enfocadas a casos reais e non necesariamente a situacións de manual.
​
Fomentaremos habilidades e coñecementos entre os nosos aprendendos xa que sen a combinación de ambas non terán éxito nun traballo coma este.