A nosa idea é que sexa o primeiro de moitos. Mais non pretendemos realizar cursos coma churros. En certos eidos tiramos máis pola artesanía que pola produción en cadea.
Trataremos facer de cada un dos nosos cursos e monográficos al único. Non queremos tirar de estándares... faremos as actividades formativas de unha en unha para coidalas con mimo, para poder adaptarnos a cada grupo de persoas, para trasmitir os nosos coñecementos ao tempo que medramos nos co grupo de persoas que se irá formando en torno á Escola de Tempo Libre Balea.
No Grove iniciamos unha andaina con ínfluas de percorrer moitos camiños e coñecer moita xente que se no una neste andar, que faga deste proxecto algo máis colectivo, máis grande, mais... de todos e todas os/as que queremos colaborar a dignificar o traballo no eido do tempo libre.