Iniciamos as nosas actividades formativas para monitores co Ciclo de Cursos Monográficos.
Son unha serie de actividades formativas de un ou máis días que nos iniciarán nas habilidades e coñecementos precisos para poder realizar con grupos certas actividades.
Moitos deles terán unha duración de 50 horas ou máis dado que pretendemos que poidan aparecer dignamente no currículum de calquera monitor... iso en moitos casos fará que a formación sexa combinada... con algo de traballo na casa.
Comezaremos con monográficos de “Iniciación en actividades de orientación e supervivencia” e “Maquillaxe e dinámicas para o Samahín” pero teremos moito máis:
Iniciación Á Orientación e Supervivencia.
Maquillaxe e dinámicas para Samahín.
Iniciación ao traballo con grupos de terceira idade.
Iniciación á xestión de grupos en Actividades Acuáticas.
Iniciación ás técnicas de sendeirismo e campismo.
Iniciación ás técnicas audiovisuais.
Campamento de convivencia para Monitores
E moitos máis.
Irémosvos informando nas redes sociais e irán aparecendo as actividades na pestaña “Calendario” da web!