top of page

Agradecidos ao Concello de O Grove


Parte da nosa base é ter repercusión no medio que nos rodea, ser un pulo para a zona axudando a dinamizar alí onde sexa preciso e formar novos profesionais no eido do lecer e máis o tempo libre.

E quizás porque se nos notas as ganas tivemos unha moi boa acollida por parte do Concello de O Grove, moi especialmente dende a OMIX.

Tanto é asi que ao proxecto de curso de monitores que orixinalmente sacábamos unilateralmente dende a Escola de Tempo Libre Balea uniuse o Concello de O Grove. E as súas aportacións son ben abondosas: ceden parte das súas instalacións (Casa da Cultura de San Vicente), dan promoción ao curso, tramitan as inscripcións da xente que esté censada no Grove... e ata financian cun xugoso ata 40% do prezo do curso aos censados no Concello de O Grove!!

Esta colaboración está a ser un luxo que esperamos se manteña no tempo

Agora... so nos queda facer un xenial curso de monitores formando excelentes profesionais e comezar a dinamizar a nosa contorna!

bottom of page