Despois de moitos anos e voltas a traballar no tempo libre alá polo 2010 un grupo de monitores xuntos en Ons teñen a idea de intentar transmitir un xeito moi peculiar e especial de traballar que se foi forxando ao longo de máis de 20 anos en O Grove.
A idea quedou no aire moito tempo e cada vez que saía nunha conversa había alguén que lle parecía unha idea moi axeitada e uníase ao proxecto.
O grupo de monitores interesados na idea medraba e configurábase cun grupo moi singular de personalidades e especialidades moi enfocados á capacidade adaptativa, creatividade, deportes náuticos e patrimonio cultural e ambiental. Eses monitores co tempo foron acadando moita experiencia (moita!) e formación en moi diversos ámbitos. Chegou o momento no que nos víamos maduros abondo para poder transmitir un moi bo saber facer, unha impronta que mereza conservarse acadada ao través das experiencias reais.
Pero non dábamos arrancado. De feito o primeiro intento serio de formalizar a nosa ilusión non se fixo ata o 2016 cando gran parte do elenco orixinal de monitores xuntouse con algunha nova incorporación e intentamos poñernos en serio co papeleo.
Nun primeiro intento non tivemos moito éxito, Fixemos toda a documentación e papeleo interno mais costábanos atopar un lugar axeitado para as nosas tarefas formativas.
Agora, no 2018, rematamos definitivamente o papeleo, acadamos un convenio de colaboración co titular das nosas instalacións de xeito que estamos moi ben equipados e finalmente iniciamos a nosa andadura